Ir ó contido

Ir ó índice

JW BROADCASTING

Como reproducir audio en Amazon Fire TV

Como reproducir audio en Amazon Fire TV

A sección Audio contén varias coleccións de audio. Podes escoitar un ou varios programas da colección.

(Nota. É posible que o teu mando a distancia non sexa idéntico ó empregado nas imaxes deste titorial).

Selecciona Audio na pantalla de inicio para ver as coleccións de audio dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir programas de audio:

 Como escoitar un programa de audio

Cada ringleira representa unha colección de programas de audio. O nome da colección aparece enriba da ringleira.

  • Arriba e Abaixo. Desprázate a outra colección.

  • Esquerda e Dereita. Desprázate polos distintos programas de audio dunha colección.

Preme en Seleccionar para seleccionar o programa resaltado e cargar os detalles do programa de audio.

Selecciona unha das seguintes accións:

  • Reproducir. Para reproducir o programa de audio dende o principio.

  • Reproducir todo. Para reproducir tódolos programas de audio da colección seleccionada comezando polo que aparece en pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

  • Continuar. Podes seguir escoitando o programa de audio onde o deixaches.

A ringleira que aparece debaixo da pantalla cos detalles do programa de audio mostra outros programas da mesma colección. Preme en Abaixo para acceder á colección, e preme en Arriba para volver á pantalla cos detalles do programa.

 Como reproducir unha colección de audio

A maiores de reproducir un programa de audio, podes escoitar unha colección enteira. Vai á colección de audio que queres escoitar e selecciona unha das seguintes opcións:

  • Reproducir todo. Reproduce tódolos programas da colección comezando polo primeiro.

  • Aleatorio. Reproduce tódolos programas da colección en orde aleatoria.

A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas.

 Como usar as opcións de reprodución

Namentres se está reproducindo un programa de audio, podes controlar a reprodución co teu mando a distancia de Amazon Fire TV:

  • Reproducir/Pausa. Podes parar a reprodución. Volve premer no mesmo botón para continuar a reprodución.

  • Avanzar. Podes desprazarte cara adiante con rapidez polo programa de audio. Preme no botón Reproducir para continuar a reprodución.

  • Retroceder. Podes desprazarte cara atrás con rapidez polo programa de audio. Preme no botón Reproducir para continuar a reprodución.

  • Volver. Para volver á pantalla de Audio.