Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 103

Os anciáns son un regalo de Deus

Os anciáns son un regalo de Deus

(Efesios 4:8)

  1. 1. Que bos pastores Deus nos prové,

    coidan moi ben de min.

    Son un exemplo, guíanme ben,

    mostran por onde ir.

    (REFRÁN)

    Regos de auga nun sequedal

    son os pastores do Pai.

    Sempre protexen os seus irmáns,

    dou grazas por canto fan.

  2. 2. Danme refuxio no temporal,

    sabios, prudentes son.

    Cando teimudo é un penar,

    trátanme con amor.

    (REFRÁN)

    Regos de auga nun sequedal

    son os pastores do Pai.

    Sempre protexen os seus irmáns,

    dou grazas por canto fan.

  3. 3. Grazas ós bos consellos que dan,

    nunca me perderei.

    Sei que con eles podo contar,

    moi preto os terei.

    (REFRÁN)

    Regos de auga nun sequedal

    son os pastores do Pai.

    Sempre protexen os seus irmáns,

    dou grazas por canto fan.

(Ver tamén Is. 32:1, 2; Xer. 3:15; Xn. 21:15-17; Feit. 20:28.)