Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 128

Aguantemos ata o fin

Aguantemos ata o fin

(Mateo 24:13)

  1. 1. Mostrar aguante é vital

    na vida dun cristián.

    As probas veñen sen contar

    e non queremos fallar.

    Lembremos sempre que Xehová

    cumpre todo canto di.

    Confiemos nas promesas del,

    moi pronto virá o fin!

  2. 2. Non debes descoidar xamais

    o teu amor e fe.

    Problemas sempre han de vir

    e non podemos ceder.

    Moi firmes hai que continuar,

    sen temor nin dubidar.

    Xehová daranos protección,

    el nunca nos vai deixar.

  3. 3. Aguanta, sé moi fiel a Deus,

    a fe aumentarás.

    Mantén a túa decisión

    de ser leal a Xehová.

    Se non te rendes, ó final

    obtera-la salvación.

    Farás feliz o noso Pai,

    terás moitas bendicións!

(Ver tamén Heb. 6:19, TNM; Sant. 1:4, TNM; 2 Pe. 3:12; Ap. 2:4.)