Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 48

Escolle ben os teus amigos

Escolle ben os teus amigos

Os bos amigos fannos máis felices cando nos vai ben e dannos forzas cando nos vai mal. Pero a Biblia advírtenos de que non todo o mundo é un bo amigo. Entón, como podes escoller bos amigos? Analiza as seguintes preguntas.

1. Como influirán en ti os amigos que escollas?

Normalmente acabamos parecéndonos ás persoas coas que pasamos tempo. Isto pode afectarnos para ben ou para mal, sen importar se pasamos tempo en persoa ou nas redes sociais. A Biblia di: “Vai onda os sabios: voltarás sabio; quen fai compaña ós necios, terá que sufrir” (Proverbios 13:20). Os amigos que aman e adoran a Xehová pódenche axudar a manterte cerca del e a tomar boas decisións. Pero ter unha amizade estreita con alguén que non forma parte da congregación pode facer que te vaias apartando de Xehová. Por iso a Biblia nos anima a escoller ben os nosos amigos. Se os nosos amigos son persoas que aman a Deus, serán unha boa influencia para nós e nós seremos unha boa influencia para eles. E tamén poderemos animarnos e darnos forzas uns ós outros (1 Tesalonicenses 5:11).

2. Como facemos sentir a Xehová cos amigos que escollemos?

Xehová escolle con coidado os seus amigos. A Biblia di que “reserva a súa intimidade para os honrados” (Proverbios 3:32). Como se sentiría Xehová se escollésemos amigos que non o aman? Sentiríase moi decepcionado, non cres? (Le Santiago 4:4) Por outro lado, se rechazamos as malas compañías e nos achegamos a el e ás persoas que o aman, Xehová estará moi contento e quererá ser o noso amigo (Salmo 15:1-4).

AFONDA MÁIS

Analiza por que é tan importante escoller ben os nosos amigos e mira como podes cultivar amizades que de verdade sexan boas para ti.

3. Ten coidado coas malas compañías

As persoas que non aman a Xehová e as súas normas son malas compañías. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • Como poderiamos acabar xuntándonos con malas compañías sen darnos conta?

Lede 1 Corintios 15:33 e logo comentade estas preguntas:

  • Que tipo de persoas poderían ser unha mala compañía para ti? Por que?

Lede Salmo 119:63 e logo comentade esta pregunta:

  • Que deberías buscar nun amigo?

Unha mazá podre pode botar a perder o resto. Como podería afectarche a ti unha mala compañía?

4. As persoas diferentes tamén poden chegar a ser bos amigos

A Biblia fala de David e Ionatán, dous homes do antigo Israel. A pesar de ter idades e circunstancias moi diferentes, chegaron a ser moi bos amigos. Lede 1 Samuel 18:1 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que non só temos que ter amigos que sexan da nosa idade ou nivel social?

Lede Romanos 1:11, 12 e logo comentade esta pregunta:

  • Que poden facer os amigos de Xehová para animarse uns a outros?

Neste vídeo, mira como un rapaz atopou amigos onde menos o esperaba. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

  • Por que estaban preocupados os pais de Akil polas amizades que tiña na escola?

  • Por que lle gustaba ter eses amigos ó principio?

  • Como conseguiu deixar de sentirse só?

5. Que podemos facer para ter bos amigos

Analiza que podes facer para atopar bos amigos e como podes ser ti tamén un bo amigo. Poñede o VÍDEO.

Lede Proverbios 18:24 e 27:17 e logo comentade estas preguntas:

  • Como se axudan os bos amigos?

  • Tes ti amigos así? Se non, que podes facer para conseguilos?

Lede Filipenses 2:4 e logo comentade esta pregunta:

  • Para ter bos amigos tes que ser un bo amigo. Como podes conseguilo?

Para ter bos amigos, tes que ser un bo amigo

HAI QUEN DI: “Se somos demasiado esixentes escollendo os nosos amigos, imos quedar sen ningún”.

  • Ti que dirías?

RESUMO

Temos que escoller ben os amigos. Iso agrádalle a Xehová e é bo para nós.

Repaso

  • Por que lle importa a Xehová que clase de amigos escollemos?

  • Que tipo de amigos deberiamos evitar?

  • Como podes facer bos amigos entre as persoas axeitadas?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira como nos poden axudar os bos amigos nos momentos difíciles.

“Trabemos fondas amizades antes de que chegue a fin” (La Atalaya, novembro 2019)

Que debes saber sobre facer amigos por Internet?

Se enredas coas redes, non te enredes! (4:12)

No relato “Anhelaba ter un pai”, descubre que fixo que un home cambiase a súa forma de escoller os amigos.

“A Biblia cambioulles a vida” (La Atalaya, 1 abril 2012)