Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 10

Que é a Adoración en Familia?

Que é a Adoración en Familia?

Corea do Sur

Brasil

Australia

Guinea

Xehová sempre quixo que os membros da familia pasasen tempo xuntos para estreitar a súa relación con el e mailos lazos familiares (Deuteronomio 6:6, 7). É por iso que as testemuñas de Xehová fan tódalas semanas a Adoración en Familia. Chamámoslle así ó momento no que a familia analiza xunta nun ambiente relaxado algún tema da Palabra de Deus axeitado ás súas necesidades. Se vives só, tamén podes dedicar ese tempo a estreitar a túa relación con Deus estudando algún tema bíblico.

É un momento para achegarnos a Xehová. “Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8). Imos coñecendo mellor a Xehová a medida que lemos na súa Palabra detalles da súa personalidade e das súas obras. Unha maneira sinxela de comezar a facer a túa Adoración en Familia é dedicar algún tempo a ler a Biblia xuntos, por exemplo seguindo o programa semanal da Reunión Vida e Actividades. Podedes repartir a lectura entre tódolos da casa, e ó rematar comentar xuntos o que aprendestes da pasaxe.

É un momento para achegarnos á nosa familia. Estudar a Biblia en familia estreita os lazos entre os seus membros, tanto entre maridos e mulleres coma entre pais e fillos. Debería ser unha ocasión tranquila, alegre, que todos estean esperando que chegue. En función das idades dos fillos, os pais poden escoller os temas máis útiles, quizais sacados da revista La Atalaya, doutras publicacións, ou da nosa páxina web jw.org. Tamén se pode falar cos rapaces dalgún problema que teñan na escola e de como facerlle fronte, ou practicar os cánticos das reunións. Por que non vedes xuntos algún programa da nosa canle de televisión JW Broadcasting (tv.ps8318.com) e despois comentádelo? Ó rematar, mesmo podedes facer unha merenda.

Dedicar un tempo tódalas semanas a adorar xuntos a Xehová axudaranos a tódolos da familia a desfrutar de aprender da Palabra de Deus, e el bendicirá abundantemente o noso esforzo (Salmo 1:1-3).

  • Por que facemos tódalas semanas a Adoración en Familia?

  • Como poden os pais facer que todos na familia desfruten desta ocasión?