Ir ó contido

Ir ó índice

Unha clase durante o Curso Bíblico de Galaad de 2017

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

O Curso Bíblico de Galaad: un curso con carácter internacional

O Curso Bíblico de Galaad: un curso con carácter internacional

1 DE DECEMBRO DE 2020

 Cada ano invítanse a servos especiais a tempo completo de todo o mundo ó Curso Bíblico de Galaad, que ten lugar no Centro Educativo Watchtower en Patterson, Nova York. a Neste curso, os estudantes aprenden como ser máis eficaces nas súas tarefas dentro da organización de Xehová. Este adestramento axúdalles a fortalecer as congregacións e sucursais arredor do mundo e darlles estabilidade.

 Galaad é un curso verdadeiramente internacional. Por exemplo, a clase 147 que se celebrou en 2019 tivo 56 estudantes de 29 países. Os alumnos deste curso servían nalgunha faceta do tempo completo especial como betelitas, superintendentes de circuíto, misioneiros ou pioneiros especiais.

 Os preparativos para o curso comezan moito antes da primeira clase. Por exemplo, o Departamento de Viaxes da sede central mércalles os billetes de avión ós alumnos que foron invitados ó curso. Para a clase 147 do Curso Bíblico de Galaad o custo medio de traer un estudante a Patterson e levalo de volta ó seu país foi duns 900 euros. Uns estudantes das Illas Salomón tiveron que coller catro vos para chegar a Patterson e logo outros tres para volver á casa. Viaxaron máis de 35.400 quilómetros! Os billetes custaron uns 1.925 euros por cada estudante. Para aforrar cartos, o Departamento de Viaxes da sede central usa un programa informático para atopar e reservar billetes a un prezo económico. Incluso despois de reservalo, o software segue a buscar durante semanas ou meses para comprobar se o prezo baixa. Este departamento tamén usa millas aéreas ou plans de puntos que foron doados para mercar os billetes.

 Moitos dos estudantes necesitan visados para entrar nos Estados Unidos, por iso o Departamento de Asuntos Legais da sede central axúdalles a obter visados de estudantes. Como media, cada un destes documentos xunto coas taxas custan uns 425 euros por estudante.

 Como nos beneficiamos do adestramento que reciben os estudantes? Hendra Gunawan serve como ancián nunha congregación do Sueste asiático xunto a un matrimonio de graduados do Curso Bíblico de Galaad. El comenta: “Antes, na nosa congregación non había pioneiros regulares. Pero despois de chegar os graduados, o seu entusiasmo e mailo seu espírito disposto contaxióuselles a uns irmáns, que decidiron facerse pioneiros. Máis adiante incluso unha irmá da congregación chegou a asistir ó Curso para Evanxelizadores do Reino”.

 Sergio Panjaitan serve con varios graduados de Galaad no Betel do Sueste asiático. El di: “O adestramento que recibiron non só é una bendición para eles, tamén é una bendición para nós. Aprendéronche moito, pero no canto de facerse máis importantes, comparten o que aprenderon. Isto anímanos a nós e fai que nós animemos a outros”.

 De onde veñen os cartos para pagar este curso? Das doazóns para a obra mundial, moitas das cales se fan a través dos métodos que atopamos en donate.ps8318.com. Graciñas polas túas xenerosas doazóns que axudan a soster este curso con carácter internacional.

a O plan de estudos deste curso está deseñado e actualizado polo Departamento de Formación Bíblica baixo a dirección do Comité de Ensino do Consello Reitor das Testemuñas de Xehová. Este curso impárteno instrutores destes departamentos e outros instrutores invitados, como por exemplo os membros do Consello Reitor.