Ir ó contido

Ir ó índice

JenkoAtaman/stock.adobe.com

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Razóns para empezar o 2023 con optimismo. O que di a Biblia

Razóns para empezar o 2023 con optimismo. O que di a Biblia

 Co inicio do ano 2023, todos desexamos o mellor para nós e para as nosas familias. Por que podemos ser optimistas?

A Biblia dános esperanza

 A Biblia ten boas noticias. Asegura que os problemas ós que nos enfrontamos agora son temporais e pronto se solucionarán. É máis, a Biblia “escribiuse para a nosa instrucción: para que entre a nosa paciencia o consolo que dan as Escrituras, manteñámo-la esperanza” (Romanos 15:4).

Unha esperanza que pode axudarche agora

 A esperanza que dá a Biblia pode ser “coma unha áncora de salvación” para as nosas vidas (Hebreos 6:19). Esta esperanza pode estabilizarnos, pode axudarnos a facerlles fronte ós problemas, a ter unha actitude positiva e a encontrar verdadeira felicidade. Por exemplo:

Fortalece a túa esperanza

 Moitas persoas teñen a esperanza de que as cousas vaian a mellor pero non poden estar realmente seguros de que se cumpran as súas expectativas. As promesas da Biblia son diferentes. Por que? Porque veñen directamente de Xehová Deus a, e el “non mente” (Tito 1:2). Só Xehová ten o poder de cumprir tódalas súas promesas pois el “fai canto se propón” (Salmo 135:5, 6).

 Invitámoste a que te beneficies da esperanza segura que nos dá a Biblia. Podes fortalecer a túa confianza nesta esperanza “investigando [...] as Escrituras” (Feitos 17:11). Descúbreo ti mesmo probando o noso curso da Biblia gratuíto. Empeza o 2023 con optimismo!

a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).