Ir ó contido

Ir ó índice

Ahmad Gharabli/AFP via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Poden as nacións unirse para evitar a catástrofe do cambio climático? O que di a Biblia

Poden as nacións unirse para evitar a catástrofe do cambio climático? O que di a Biblia

 O domingo 20 de novembro de 2022, terminou a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP27). Aínda que se alcanzou un acordo importante para que os países máis vulnerables reciban axuda económica e poidan afrontar desastres climáticos, moitos recoñecen que isto non vai solucionar a raíz do problema.

  •   António Guterres, o secretario xeral das Nacións Unidas, dixo o 19 de novembro: “Estou de acordo en que é unha boa decisión establecer un fondo para danos e perdas”. Pero tamén engadiu: “Está claro que non é suficiente [...]. O noso planeta aínda está na sala de emerxencias”.

  •   Mary Robinson, que foi presidenta de Irlanda e tamén Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, dixo o 20 de novembro de 2022: “O mundo aínda está ó bordo dunha catástrofe climática”.

 A xente nova está especialmente preocupada polo futuro do noso planeta. Pero, poden as nacións traballar xuntas para cumprir a súa promesa de solucionar o problema do cambio climático? Que di a Biblia?

Uniranse as nacións e conseguirán o que se propoñen?

 A Biblia ensina que, a pesar dos grandes e sinceros esforzos que fagan as nacións, calquera avance para solucionar a crise climática será limitado. Por que? Fíxate nestas dúas razóns:

  •   “O torcido non se pode endereitar” (Eclesiastés 1:15).

     Que significa isto? Os gobernantes non poden conseguir o que se propoñen porque os humanos non fomos feitos para gobernarnos a nós mesmos (Xeremías 10:23). Aínda que as nacións conseguisen unirse, seguirían sendo incapaces de solucionar os problemas do mundo, sen importar canto se esforcen por conseguilo.

  •   “Porque a xente só se amará a si mesma; serán amantes do diñeiro, [...] non estarán dispostos a chegar a ningún acordo” (2 Timoteo 3:2, 3, TNM).

     Que significa isto? A Biblia predixo con exactitude que moitas persoas dos nosos días serían egoístas e non estarían dispostas a traballar xuntas por un ben maior.

Un motivo para ter esperanza

 Pero o futuro do noso planeta non depende das promesas que fagan os gobernantes humanos. Deus escolleu o gobernante apropiado para a Terra: Xesucristo. A Biblia di del:

  •   “O goberno estará nas súas mans. Chamaráselle por nome Marabilloso Conselleiro, Deus Poderoso, Pai Eterno, Príncipe de Paz” (Isaías 9:6, TNM).

 Xesús é o Rei do Reino de Deus, un goberno celestial (Mateo 6:10). El ten o poder, o desexo e a sabedoría que fan falta para coidar do noso planeta e dos seus habitantes (Salmo 72:12, 16). Con el como Rei, este goberno celestial acabará cos que “destrúen o mundo” e reparará o dano que se lle causou ó medio ambiente (Apocalipse 11:18; Isaías 35:1, 7).

 Para saber máis sobre a solución definitiva ó cambio climático, le o artigo “O que di a Biblia sobre o cambio climático e o noso futuro”.