Ir ó contido

Galería de fotos de Warwick (de marzo a agosto de 2016)

Galería de fotos de Warwick (de marzo a agosto de 2016)

Nesta galería de imaxes poderás ver como marchan as obras da sede central das Testemuñas de Xehová e mailos traballos realizados polos voluntarios de construción entre marzo e abril de 2016.

Vista aérea do futuro complexo de Warwick no sentido das agullas do reloxo:

  1. Taller mecánico

  2. Aparcadoiro para visitantes

  3. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

  4. Edificio de vivendas B

  5. Edificio de vivendas D

  6. Edificio de vivendas C

  7. Edificio de vivendas A

  8. Edificio de oficinas e servizos

16 de marzo de 2016. Warwick

Os xardineiros descargan carballos e pradairos. En total, plantaranse máis de 1400 árbores no complexo de Warwick.

23 de marzo de 2016. Taller mecánico

Os traballadores de Warwick conmemoran a Cea do Señor, un evento que as Testemuñas de Xehová celebran cada ano por todo o mundo. Neste local, a asistencia foi de 384 persoas.

15 de abril de 2016. Warwick

Os carpinteiros instalan as ventás da garita da entrada. O persoal da garita recibirá os visitantes, encargarase da seguridade do recinto e controlará a entrada e saída de vehículos.

19 de abril de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Un pai e o seu fillo colocan as pezas de moqueta nun corredor da segunda planta. Este tipo de moqueta usouse moito en zonas comúns porque é máis fácil de cambiar cando se estraga.

27 de abril de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Os carpinteiros instalan divisións desmontables nas oficinas. Estas divisións permiten reorganizar o espazo das oficinas segundo as necesidades.

10 de maio de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Un voluntario realiza traballos previos á instalación dos sanitarios e as divisións dos aseos destinados ó público. Estes aseos están situados na zona do vestíbulo.

26 de maio de 2016. Warwick

O Equipo de Emerxencias disponse a extinguir un lume durante un simulacro. Esta formación prepáraos para atender con rapidez as incidencias, protexendo así o persoal e as instalacións de Warwick. Ademais redúcese a carga de traballo do servizo local de emerxencias.

30 de maio de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Un camareiro indícalle o seu sitio ós traballadores de Warwick no comedor principal xusto antes de que comece a retransmisión da Adoración Matinal.

31 de maio de 2016. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

Un carpinteiro usa un nivel láser para colocar un dos máis de 2500 sinais que darán indicacións ós residentes e visitantes.

1 de xuño de 2016. Taller mecánico

Unha soldadora instala o pasamáns nunha escaleira que vai dende a entrada ó auditorio. A manta resistente ó lume da parte inferior da imaxe protexe de danos o que hai arredor.

9 de xuño de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Un voluntario do Departamento de Paredes e Teitos traballa nos acabados da parede onde irá instalada unha das tres exposicións para os visitantes, “Unha historia de fe en acción”. O deseño das exposicións destaca o tema de cada galería.

16 de xuño de 2016. Taller mecánico

Os traballadores preparan o formigón do piso para a súa consolidación. Este proceso sela o formigón, facilita o seu mantemento, aumenta a súa duración e faino resistente ó po e ás marcas de pneumáticos.

29 de xuño de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Un grupo de carpinteiros instala unha cuberta de fibra de vidro na entrada do vestíbulo. Os paneis translúcidos deixan pasar unha luz tenue cara á entrada principal.

29 de xuño de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Un home maila súa muller poñen lousas de granito na entrada da exposición “A Biblia e o nome divino”.

6 de xullo de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Unha carpinteira coloca unha das 1018 butacas do auditorio principal. Neste auditorio os voluntarios que residen en Warwick, membros da familia Betel, asistirán ó Estudo en Familia de La Atalaya e a outras actividades e reunións.

9 de xullo de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Varios traballadores colocan un letreiro luminoso no vestíbulo principal para darlles a benvida ós visitantes.

13 de xullo de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Dúas traballadoras do Equipo de Apoio lévanlles auga ós traballadores do vestíbulo principal. Recordábaselles ós equipos de construción que se mantivesen hidratados, sobre todo nos días de calor.

19 de xullo de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Un carpinteiro instala as vitrinas onde se colocarán algunhas Biblias únicas para a exposición “A Biblia e o nome divino”. Esta exposición irase renovando para incluír outras Biblias e obxectos relacionados coa Biblia.

22 de xullo de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Coa axuda dunha heliografía proxectada na parede, un carpinteiro instala unhas pezas coa forma de Australia e das illas do sueste de Asia nun mapa do vestíbulo principal. O nome Testemuñas de Xehová está escrito na parede en case setecentos idiomas.

23 de xullo de 2016. Edificio de oficinas e servizos

Membros da familia Betel asisten a unha sesión de orientación. Estas sesións teñen o obxectivo de dar a benvida e orientar os futuros residentes de Warwick. Tamén os advirten dos perigos que aínda hai no complexo. Tamén os informan das medidas de seguridade que deben ter en conta mentres non estea rematado o complexo.

17 de agosto de 2016. Estudio de JW Broadcasting

Un operario colga a lámpada que vai situada enriba da mesa do presentador e a estrutura que a soporta. A maior parte dos compoñentes do estudio trasladáronse dende o anterior estudio de Brooklyn.

24 de agosto de 2016. Warwick

Un electricista instala o novo letreiro con luces LED da entrada principal. Para o 1 de setembro, moitos departamentos da sede central xa comezaran a traballar dende Warwick.